Novo evento, cargado de ciencia, emprendemento e innovación, que organizamos xunto coa Universidade de Santiago de Compostela, o Instituto de las Mujeres – Ministerio de Igualdad e Innovatia 8.3, para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia 2024.
Programa do evento:
09:00 – 09:30: Inauguración institucional.
09:30 – 10:30: Mesa redonda: «En que consiste ser científica?»
10:30 – 11:30: Mesa redonda: «Coa ciencia, podo crear unha empresa?»
11:30: Coffee break – networking nos corredores da planta 0.
12:30 – 13:30: Obradoiro: «Aterrizar en el mercado laboral sano y salvo» – prazas limitadas!
Además, a partir das 11:30, poderedes disfrutar dun espazo expositivo con stands para interactuar e coñecer a algunhas das empresas, centros de investigación e outras entidades que participen no evento.
Cando? Venres 16 de febreiro de 2024, a partir das 9:00 h.
Onde? Aula Magna da Facultade de Química – USC.
Gratuito e aberto a tódolos públicos.
Stands e/ou entidades participantes: NANOGAP, CiMUS, CRETUS, Bioga, EMPHASIS, BETA Implants, Xuventude Mentoring Galicia, BFlow, IGFAE… e máis pendentes de confirmar!
Inspírate a través das traxectorias, desafíos e logros das nosas referentes galegas en ciencia e tecnoloxía e da unha nova visión ao teu futuro profesional!
Podes inscribirte a través do seguinte enlace para conseguir a túa entrada ou pasarte directamente pola facultade o propio día do evento: Xornada galega do Día Internacional das Mulleres e Nenas na Ciencia 2024 – Entradas, Vie, 16 feb. 2024 a las 9:00 | Eventbrite
Para máis información sobre o obradoiro de empregabilidade: «Aterrizar en el mercado laboral sano y salvo» – Entradas, Vie, 16 feb. 2024 a las 12:30 | Eventbrite