Abegondo (A Coruña), 27 de febreiro de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, e a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judtih Fernández, participaron hoxe no Instituto IES de Viós na primeira xornada dos obradoiros ‘Talento Mozo’ deste curso 2023-2024, dirixidos a alumnado de secundaria de toda Galicia. Á sesión de hoxe asistiu unha trintena de estudantes de 4º de secundaria, que escoitaron as experiencias de Julio Martínez Rumbo, director de proxectos do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e Sara González Iglesias, terapeuta ocupacional.

A través de ‘Talento Mozo’, a Xunta quere dar visibilidade á creatividade, empuxe, potencial e capacidade de innovación que ten a xente moza. Ao abeiro desta iniciativa estanse a facer coloquios nos centros de secundaria galegos para presentarlle ao alumnado casos de éxito da mocidade e promover que sirvan de referencia. Así mesmo, nestes coloquios dáse resposta ás dubidas que as mozas e mozos poidan ter á hora de escoller estudos superiores e a súa posterior inserción no mercado de traballo.

Julio Martínez Rumbo, graduado en Bioloxía pola Universidade da Coruña e MBA en dirección de empresas e emprendemento, traballa desde hai seis anos en Bioga desenvolvendo a xestión integral de proxectos do clúster. Pola súa parte, Sara González Iglesias é terapeuta ocupacional e comezou a traballar en ENKI, entidade que impulsa a inserción de persoas con discapacidade.

Enlace a la noticia completa: A Xunta difunde experiencias de éxito entre o alumnado do instituto IES de Viós de Abegondo – Xunta de Galicia, 27/02/2024.


Para BIOGA, es una prioridad el fomento de la colaboración intersectorial con otros entidades y potenciar las actividades de networking nacionales e internacionales. Si quieres conocer más sobre nosotros, visita el siguiente enlace.