Cada galego utiliza de media a diario sete produtos de coidado persoal, según datos que manexa a ACG.
Asociación Cosmética Galega lanza unha mensaxe de reflexión: “Apostar polo produto galego é apostar polo desenvolvemento económico, a sostenibilidade e o retorno de talento á nosa terra”.
“Se queremos que os nosos fillos, preparados e formados nas mellores institucións, regresen a Galicia, precisamos dunha industria forte”, di Ariana Fernández Palomo, presidenta da ACG.
Santiago de Compostela. 19/12/2024. A Asociación de Cosmética Galega (ACG), integrada por 34 compañías galegas vinculadas ao deseño e a creación de produtos de coidado persoal, únese ao proxecto do Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), que preside José Manuel López Vilariño e que representa ao ecosistema da biotecnoloxía galega. ACG naceu neste ano 2024 co obxectivo de “axuntar intereses para compartir coñecemento, experiencia, ferramentas e custos”. Este movemento reforza o vínculo entre dous sectores estratéxicos para Galicia: a cosmética e a biotecnoloxía.
Asociación Cosmética Galega, que preside a farmacéutica Ariana Fernández Palomo, representa ás empresas que forman parte da cadea de valor deste sector económico: deseño, formulación, produción, distribución, comercialización ou control. Para destacar a relevancia desde sector, ACG, apoiándose nos datos que manexa, destaca: “Os galegos utilizamos de media sete produtos de coidado persoal a diario, como desodorantes, cremas corporais, xeles, pastas de dentes ou hidratantes”.
Apostar polo talento
A Asociación Cosmética Galega aproveita o momento para lanzar unha mensaxe de reflexión á sociedade galega. “Apostar polos productos galegos é apostar polo desenvolvemento económico, a sostibilidade e o retorno do talento á nosa terra”. “Se queremos que os nosos fillos, preparados e formados nas mellores institución, regresen a Galicia, precisamos de industrias fortes”, destaca Ariana Fernández Palomo, presidenta da ACG.
O presidente de Bioga, pola súa banda, afirma que “o encontro entre Bioga e Asociación Cosmética Galega non só fortalece o vínculo entre dous sectores clave para Galicia, senón que marca un fito na aposta por una economía máis sostible, competitiva e conectada coas nosas raíces”. Ao seu xuizo, “cada compra dun produto galego é un investimento na nosa terra, nas nosas familias e no noso futuro, e a biotecnoloxía é o catalizador estratéxico para alcanzar este obxectivo”.
O Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida de Galicia (Bioga) sinala que a biotecnoloxía pode ser un motor esencial para a transformación da economía de Galicia e tamén para o impulso e afianzamento do sector da industria cosmética.
A Asociación Cosmética Galega apunta que a industria cosmética galega conta coas ferramentas para ser líder:
• Transferencia de coñecemento procedente das tres universidades da comunidad autónoma de Galicia (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e Universidade da Coruña).
• Materia prima excepcional, privilexiada e probablemente a mellor da Península ibérica.
A integración da biotecnoloxía no sector cosmético galego permite:
• Desenvolver novos ingredientes activos a partir de recursos naturais locais, como algas e plantas, cun alto valor engadido para o mercado global.
• Incrementar a sostibilidade nos procesos de producción, reducindo o impacto ambiental.
• Fomentar a innovación mediante bioprospección e enxeñería molecular para ofrecer productos máis eficaces e diferenciados.
• Impulsar a internacionalización da cosmética galega con solucións innovadoras e competitivas.
+ sobre ACG: Asociación Cosmética de Galicia ten a súa sede no rural galego, no lugar de Cumbraos, Concello de Monterroso (Lugo), onde está ubicado o proxecto Cosmética Muuhlloa. As compañías socias fundadoras de ACG son Ariana Palomo (AP), Chorima, Piel Natura, Blue Silk, Nüür, Naturavia, Amalgama, Nela Biosense, Siolaz, Orixe Cosmetics, Muuhlloa, Rizzola, Segolab Saúde, Alloa, Maruxiña, Pazo Gil Casares, Anainas, De Lú, Acemelia, Esencia Viva, Ozoaqua y Luxor Essentia. A súa Xunta Directiva, integrada por dez membros, está composta, ademais de por a súa presidenta Ariana Fernández Palomo; polo seu vicepresidente, Miguel Ramón de la Calle; secretario, José Ángel Dopico; tesoureiro, Alejandro Cortizas; e seis vocais: María José Álvarez Quintero, Natalia Silva Martín, Enrique Neira, María Luisa Rodríguez Lama, José Manuel Gómez Amorim e Juan Carlos Pastor. O Comité Executivo, con catro integrantes, estará coordinado por Xosé Luis Reza. Asociación Cosmética Galega encárgase, entre outros obxectivos, de “representar os intereses do sector; fomentar a innovación e sostibilidade; apoiar o desenvolvemento economico; mellorar a competitividade e promover o empoderamento da muller no ámbito da cosmética galega.